martes, 23 de abril de 2013

Técnica da impresión


Tratase de que os nenos pinten directamente co corpo, a partir dun ano cos seus dedos e mans, a partir dos 18 meses podemolos deixalos experimentar con outras partes do corpo, os pes, o puño pechado... ou con calquer outro elemento cando sean algo mais maiores, en diferentes soportes.

É unha maneira moi divertida de descubrir novas sensacións coas texturas da pintura, dos obxectos e dos soportes que se utilicen, e de deixar as distintas pegadas dos elementos ou a túa propia. Esta tecnica ten moitas posibilidades de traballo na escola infantil.

Nos en clase creamos esta composición con diferentes elementos: pementos, patacas, tomates, tampóns, rodillos, pinceis... e as nosas mans.



No hay comentarios:

Publicar un comentario