martes, 21 de mayo de 2013

A expresión plástica é divertida!


As posibilidades para traballar a expresión plástica son infinitas. As cores, uns pinceis, unha base na que traballar. . . Únicamente dispoñemos deses elementos para deixar fluir a nosa imaxinación e creatividade? Na primeira sesión desta linguaxe fomos moito máis alá. Na vida pensamos que puidéramos facer creacións tan orixinais pintando con pementos ou patacas, entre outros vexetais. Ademáis de elementos naturais empregamos tamén esponxas ou tapóns de dedos e para darlle un toque máis persoal á obra de arte, deixamos a nosa pegada coas máns.


Ó finalizar as creacións e despois de traballar con explosións de cores e formas, aproveitamos o bo día que facía para secar ó sol as diferentes obras.
A conclusión final desta actividade é a seguinte: Abre a túa mente, mira o teu redor e se tes ganas de pintar, disfrutar e experimentar, escolle calquer elemento que che apetezca aínda que non sexa un pincel ou unha brocha e. . . adiante !

No hay comentarios:

Publicar un comentario