martes, 21 de mayo de 2013

Libros polo mundo adiante.


É posible que nalgunha das visitas ás bibliotecas municipais da Coruña atopes un libro etiquetado como "libro libre" nunha "zona oficial de Bookcrossing" coma me pasou a min. Se é así pódelo levar para leelo, pero eso sí tes que entrar nunha páxina de Bookcrossing España, que lle chaman, introducir un código que ten o libro e indicar que o levas temporalmente. Cando acabemos de ler o libro pódemolo volver a levalo a biblioteca e deixalo en calquer sitio que a nós nos apeteza, sexa ou non o lugar de donde o collemos.
Para a xente que non queira entrar na rede ou lle pareza moi complicado simplemente o colle e o volvelo a deixar onde o atopaches cando acabes a súa lectura.

 Ti tamén podes compartir os teus libros co mundo, rexistra o teu libro na web, para que máis xente os atope, os lea e pase de novo a outros.

A idea final de este movemento internacional é que os libros vaian pasando por distintas persoas ao longo e ancho do mundo e que poidamos seguir esa viaxe a través da web. Estes libros libres non son para que queden apartados nuns estantes da casa. Querese facer o club de lectura máis grande do mundo!!! ¿Ata onde será capaz de viaxar o libro que ti liches?

¡¡¡¡¡¡ Animate e investiga na tua Biblioteca !!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario