ORELLAS
DE BOLBORETA
Escritora: Luisa Aguila
Ilustrador: Andre Neves
Ed. Kalandraka
Orellas de bolboreta foi o libro que elixín no primeiro trimestre de Educación Infantil. Fixen de Mara a súa
protagonista, a miña compañeira de andanzas; para min sin dúbida algunha unha aventura arriscada, chea de dúbidas, de medos, de vergoña...eso de contar contos...pero que o día de oxe poido dicir, que é unha experiencia do mais gratificante, sobre todo, se tedes a oportunidade e sodes tan afortunados coma nós, de poder facelo, nas escolas infantís e na escola de sordos (contando coa participación das nosas compañeiras de Linguaxe de Signos). Contar contos non só e leer; contar contos é transmitir ilusións, risas, vivencias propias ou axenas, ata sen darnos conta, ensinar matemáticas, plástica, música, a soñar, e sobre todo, a pensar e creer que nós tamén podemos ser un persoaxe dun conto.
Breve argumento:
“Mamá, ¿ti crees que son unha orelluda?” “Non, filla. Tes orellas de bolboreta” “pero, ¿cómo son as orellas de bolboreta?” “Pois son orellas que revoan sobre a cabeza e pintan de cores as cousas feas”.
Todos os nenos e nenas metense con Mara, pero ela sempre encontra unha contestación as súas burlas con palabras bonitas.
Este conto ten como obxectivo reafirmar a autoestima e a confianza dos cativos.
Transmite unha mensaxe de gran valor: podemos convertir en positivo aquilo que para outras persoas non o é, e o que é mellor, que o diferente, o fin eo cabo, fainos “únicos e especiais”. Debemos aprender a aceptarnos tal e como somos, e así poida ser que os demais tamén nos empezen a aceptar tal e como somos.
Orellas de bolboreta é un gran libro escrito por Luisa Aguilar e conta con unhas ilustracións moi coidadas a cargo de André Neves
Alba Añón
Educación Infantil
No hay comentarios:
Publicar un comentario