miércoles, 15 de mayo de 2013

Pequeno Azul e pequeno Amarelo


PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO

Escritor e ilustrador: Leo Lionni
Ed. Kalandraka



Un libro adecuado para traballar a expresión plástica e a expresión matemática, cheo de cores, de formas, de conceptos, como "pequeno", "grande"  e con unha historia divertida e doada.
Leo Lionni aposta por unhas ilustracións sinxelas, pero moi expresivas.

Pequeno Azul e pequeno Amarelo conta a historia de dous amigos, un azul e outro amarelo, que ao darse un abrazo, transformanse nunha soa cor, "verde", e nadie os recoñece. Este suceso fai que se poñan moi tristes, e sin percartarse coa auga das súas bágoas, volven a recuperar a súa cor, azul e amarela.
Tras este fantástico descubrimento dos dous amigos e cheos de alegría contanlle o sucedido as súas familias, e todos xuntos xogan a mezclarse e descubrir novas cores.

Alba Añón
Educación Infantil

No hay comentarios:

Publicar un comentario