jueves, 23 de mayo de 2013

Teño dúas casas


Este é o meu conto para o proxecto final, titúlase Teño dúas casa, de Cristina Justo e Paloma Rodríguez e ilustracións de Spela Trobec, de Edicións Embora. Pertence á colección A igualdade tamén conta.É un conto que se publicou este ano.

Gustoume moito porque as ilustracións son moi bonitas e se centra nunha nena que o seu pai e a súa nai están separados e menciona tamén os distintos tipos de familias que hai: só nais, dous pais, dúas nais ou padrastros e madrastras. Pareceume moi orixinal porque é unha temática de actualidade sobre a que non se soen facer contos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario